xoves, 13 de febreiro de 2025

mércores, 12 de febreiro de 2025

Que sabemos e que queremos saber do teatro en 5º Primaria?

 




Mural elaborado polo alumnado de 5º de Ed. Primaria na 1ª fase do proxecto. 
Ao elexir este curso a temática do teatro como disciplina dentro das artes as súas preguntas van enfocadas á arte escénica e o mundo do teatro.



martes, 11 de febreiro de 2025

5º de Ed. Infantil coñece a JOAN MIRÓ

 


O alumnado de 5º de Educación Infantil investiga e coñece a obra do artista Joan Miró nas sesións de informática coa mestra Lara. Preme na imaxe para ver o proxecto completo.

Paisaxes outonais inspirados en Elizabeth St Hilaire

 


A rapazada de 4º de Ed. Primaria desenvolveu un proxecto de outono inspirado no traballo de Elizabeth St Hilaire. Esta artista estadounidense é coñecida por empregar a técnica de collage nas súas composicións, nas que mestura pintura así como recortes de partituras. Nestas obras, a artista representa a natureza, retratos e animais, polo que os nenos e nenas de 4º de Ed. Primaria representaron unha paisaxe outonal, empregando pintura e recortes de xornais.

Creando personaxes en 6º Primaria



No proxecto sobre Joel Moore (Mulga), o alumnado de 6º de Ed. Primaria mergullouse no universo creativo deste artista coñecido polo seu estilo único e colorido. Inspirada no traballo deste artista asutraliano, a rapazada deseñou personaxes orixinais con forma de froita e verduras típicas do outono, explorando formas, expresións e detalles únicos que reflicten a súa imaxinación. Para desenvolver este proxecto, empregaron rotuladores, ceras grosas e cartolinas de cores rechamantes para causar no espectador diversas sensacións.
 

Grilandas de Acción de Grazas en 5º Primaria

 


O alumnado de 5º de Ed. Primaria estivo inmerso na confección de grilandas de Acción de Grazas. Para este proxecto, os nenos e nenas traballaron en pequenos equipos e saíron a o patio na procura de elementos naturais como follas e paus. Unha vez na aula, colaboraron no deseño de construción destas decoracións, nas que cada un escribiu algo polo que estaba agradecido de ter, por exemplo, familia, amigos, comida, xogos, etc. 
O resultado final deste proxecto reflectiu a creatividade e o esforzo colectivo de cada equipo, mostrando como as ideas individuais se integraban nun proxecto conxunto que celebraba a natureza e o espírito de agradecemento.

PAPIROFLEXIA AO ESTILO MADEMOISELLE MAURICE


O alumnado de 4º de Educación Primaria afondaron no traballo de mademoiselle Maurice. Esta artista francesa é coñecida polas súas vibrantes instalacions de arte na rúa e galerías que combinan figuras de papiroflexia con conceptos profundos. As súas obras representan temas relacionados coa fraxilidade da vida, a conexión humana, a natureza e a esperanza. Baseándose nesta técnicas contemporáneas, o alumnado aprendeu a facer corazóns empregando a técnica da papiroflexia e, para conmemorar o Nadal, decidiron combinar estas formas para crear unha árbore conxunta. Preme na imaxe para ver as fotos.

 

luns, 10 de febreiro de 2025

Que sabemos en 3º de Educación Primaria sobre o PDI?

 


Traballo da 1ª fase de Proxecto do curso de 3º B de Educación Primaria. Preme na imaxe para ver todo o mural que elaboraron os nenos e nenas deste nivel educativo.

venres, 7 de febreiro de 2025

Adornos de Nadal con arxila en 2º Primaria


O alumnado de 2º de Educación Primaria empregou arxila para crear decoración personalizadas para a árbore de Nadal. As nenas e nenos comezaron o proceso deseñando nunha folla a forma que lle querían dar a súa figura así como as cores que lles gustaría empregar para finalizalo e colgalo nas súa árbore. Posteriormente, o alumnado moldeou de forma individual pequenas fituras, como estrelas, bólas, campás ou figuras de elfos. Para finalizar, unha vez que a arxila secou por completo, esta foi pintada con diversas cores metálicas e brillantes para reslatar o espírito festivo.

Elaboración de recipientes en 1º

 


O alumnado de 1º de Educación Primaria traballou con arxila para crear o seu proio prato de Nadal personalizado con símbolo e detalles festivos. As nenas e nenos comezaron o proceso deseñando nunha folla que forma lles gustaría  dar ao seu prato así como as cores e deseños que lles gustaría incluir. Posteriormente, a rapazada modelou o barro, aprendendo técnicas básicas de alisado, moldeado e montaxe para dar forma so seu prato. Finalmente, decoraron o prato con motivos de Nadal como estrelas, árbores de Nadal, campás ou copos de neve.
Preme na imaxe para ver as fotos.

Creación de Stop Motions en 6º Primaria

 


Tomando como referencia a película de "Pesadelo antes de Nadal" de Tim Burton, o alumnado de 6º de Educación Primaria, foi introducido na técnica desenvolvida neste filme, coñecida como stop motion. A través desta técnica, os alumnos e alumnas traballaron en parellas para dar vida a obxectos creando historias orixinais,sacando varias fotografías con cada movemento das súas figuras. O resultado de todos e de cada un destas escenas, pódese ver no álbum de fotos e vídeos premendo na imaxe.

Creacións escultóricas en 5º Primaria

 


Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria inspiráronse na creación escultórica do artista xaponés Taro Chiezo, coñecida como Superlambanana.
Esta escultura atópase en Liverpool e combina a forma dun carneiro (lamb) e un plátano (banana), posto que este dous elementos eran mercancías habituais no molle desta cidade. Tras un afondamento no traballo de Taro Chiezo e tomando como referencia a Superlambanana, os nenos e nenas deseñaron a súa escultura escollendo un animal e unha froita ou verdura típica do outono. Estes experimentaron con bosquexos preliminares para decidir como integrar as dúas formas de maneira armoniosa e creativa e, posteriormente, empregaron arxila e pintura para crear unha colección de esculturas únicas.
Preme na imaxe para ver a colección.

mércores, 5 de febreiro de 2025

A arte da fotografía en 4º Primaria

 


Fotografíamos os elementos polos que estamos agradecidos. O alumnado de 4º de Educación Primaria desenvolveu un traballo fotográfico no que recolleron algunhas das cousas oplas que está máis agradecido. Este traballo, de carácter individual, desenvolveuse durante tres sesións. Nestas, o alumnado tivo un achegamento ao significado da festividade de Acción de Gracias de orixe estadounidense, planificou os elementos que quería retratar e, posteriormente, desprazouse polo centro educativo e polo patio retratando estes elementos como: a escola, os mestres, comida, libros, coches...

CREANDO ESPAZOS ACOLLEDORES en 3º Primaria

 


Neste proxecto, os nenos e nenas de 3º recrearon unha estancia acolledora pensada para protexerse do frío, utilizando como base unha caixa de zapatos. Co obxectivo de representar un espazo de abrigo cálido, cada neno e nena traballou a decoración interior da súa estancia empregando materiais vairados como o algodón (para simular mantas e almofadas suaves), plastilina (para modelar pequenos obxectos e de decoración), la (para representar alfombras e elementos téxtiles) e incluso macarrón para crear lámpadas! Durante o proceso, o alumnado reflexionou sobre que elementos farían un espazo cómodo e acolledor así como qué xeito poderían transmitir sensación de abrigo e protección a través do seu deseño. Este proxecto non só lles permitiu traballar habilidades manuais e de coordinación, senón tamén conceptos de confort e deseño espacial.

XOGO DE ORIENTACIÓN: BUSCANDO ESCULTURAS

  O alumnado de 2º de Educación Primaria realizou unha carreira de orientación no patio en relación coa temática de investigación do proxect...