O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, logo pegaron o Logo do Proxecto nel e fixeron entrega a todo o alumnado na última semana de clase, despois das actuacións de teatro e da entrega de agasallos ao premiados do concurso do pasaporte lector.
mércores, 9 de xullo de 2025
sábado, 5 de xullo de 2025
GALICIAN ARTISTS EN LINGUA INGLESA
venres, 4 de xullo de 2025
TAREFA FINAL EDUCACIÓN INFANTIL. EXPOSICIÓN DE PINTURA
O alumnado de Educación Infantil centrou a súa investigación na disciplina da pintura. Durante todo o curso estiveron coñecendo moitos pintores e pintoras para finalmente realizar unha exposición cos seus propios cadros que as familias puideron visitar no Festi´25.
TAREFA FINAL DO 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: EXPOSICIÓN E DESFILE MONUMENTAL
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria prepararon unha exposición na súa zona interclases de todos os traballos que fixeron ó longo do curso en base a súa a temática do PDI: a escultura.
No Festi´25 realizaron un desfile monumental onde explicaron con audios gravados na radio e amosaron imaxes de todo o que fixeron construíndo puzzles en equipos de 4. Despois das actuacións invitaron ás familias a visitar o noso particular museo con todos este traballos.
TAREFA FINAL DE 3ºA ACTUACIÓN FESTI´25
O alumnado de 3º A trala fase de investigación no campo dos estilos musicais e do mundo das comparsas no Entroido Meco optaron pola música rock disfrazándose no Entroido de rockeros e rockeras, crearon as súas propias guitarras eléctricas, chapas para o disfraz, inventaron letras para a comparsa... e finalmente para o Festi´25 montaron unha coreografía espectacular para a canción We will rock you. Tamén participaron no Museo Musical do 2º ciclo que visitaron as familias despois das actuacións expoñendo as súas guitarras.
xoves, 3 de xullo de 2025
TAREFA FINAL DE 3º B COMPOSICIÓN E INTERPRETACIÓN DUNHA CANCIÓN
O alumnado de 3º B despois dun logo proceso de investigación sobre diferentes persoas importantes da nosa historia, compuxeron un rap coa información seleccionada que finalmente interpretaron disfrazados coas súas indumentarias características no Festival de fin de curso, no Festi´25. Participaron tamén como os seu compañeiros e compañerias de ciclo na exposición dun museo musical onde presentaron os seus "vinilos".
mércores, 2 de xullo de 2025
TAREFA FINAL DE 4º EDUCACIÓN PRIMARIA: Composición e baile da canción "A, a, ante, ante..."
Os obxectivos deste curso do alumnado de 4º de Educación Primaria foron en dous sentidos. Por unha banda conectando arte, cualidade e criterio (base da arte) ca actividade diaria; e por outro lado, crear un produto artístico que xirara arredor da música, disciplina da arte escollida polo 2º Ciclo. A maiores, no último momento decidiron tamén crear un espazo museístico sobre a música, espazo que utilizaron para expoñer os seus teclados, asociados a cada un, o nome dun artista recoñecido da música electrónica. Preme na imaxe para ver o documento que explica todo o proceso ata chegar a tarefa final que realizaron no Festi´25.
OBRA DE TEATRO DE 6º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA: " O PAÍS DOS MOI MANDÓNS"
O alumnado de 6º B representou como tarefa final do PDI Somos Artistas unha obra inédita titulada "O país dos moi mandóns" que requeriu un longo proceso de investigación, creación do guión, reparto de papeis, selección de músicas, moitos ensaios, elección de vestiario, creación de decorados, invitacións para as familias, carteis informativos...
Como os seus compañeiros e compañeiras de 3º Ciclo, fixeron a súa representación en tres quendas na última semana do periodo lectivo; unha para as familias, outra para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo e finalmente para 2º e 3º Ciclo.
Deixamos aquí o vídeo para aquelas familias que non puideron vir ese día. Esperamos que vos guste.
OBRA DE TEATRO DE 6º A de EDUCACIÓN PRIMARIA : "PETER PAN"
O alumnado de 6º A escolleu, despois dunha fase de investigación, representar unha obra de teatro sobre as aventuras de Peter Pan no país de Nunca Xamais.
O proceso levado a cabo foi o seguinte:
1. Fase de investigación e elección da obra a representar.
2. Consulta de distintas fontes para refacer o seu propio guión adaptado ao grupo da clase.
3. Casting para o reparto de personaxes.
4. Moitos ensaios.
5. Procura do vestiario e o atrezzo.
6. Creación dos murais para os decorados, na clase de Arts sobre o país de Nunca Xamais e a habitación de Wendy en Londres.
7. Representación da obra para toda a Comunidade Educativa.
Aquí tedes a obra de teatro que representaron na biblioteca a finais de curso en tres quendas, a primeira para as familias, outra para os máis pequenos, Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria e finalmente para os compañeiros e compañeiras de 2º e 3º Ciclo de Educación Primaria.
martes, 1 de xullo de 2025
OBRA DE TEATRO DE 5º ED. PRIMARIA "UN DÍA NO MUSEO"
Recén saído do forno, a edición da obra de teatro de 5º de Ed. Primaria, que realizaron como tarefa final do PDI SOMOS ARTISTAS e que representaron en 3 quendas na nosa biblioteca na derradeira semana de clases: unha representación para as familias, outra para o alumnado de 1º Ciclo de Ed. Primaria e por último para o 2º e 3º Ciclo de Ed. Primaria. A obra está basada no libro "Un día en el museo" de Mónica Rodríguez. (Editorial SM) dispoñible na nosa biblioteca.
martes, 24 de xuño de 2025
Keith Haring and his famous silhouettes (Year 1)
CREANDO DECORADOS PARA A TAREFA FINAL EN 6ºA
Despois de investigar sobre o teatro, elaborar un guión adaptado da obra de Peter Pan e moito tempo de ensaios... o alumnado de 6º A realizou os decorados nas sesións de Arts coa profe Leti.
sábado, 21 de xuño de 2025
CAMOUFLAGE ALONGSIDE THANDIWE MURIU
O alumnado de 1º de Educación Primaria desenvolveu un pequeno proxecto artístico inspirado na obra de fotografía de camuflaxe da artista Thandiwe Muriu. Inspirándose no seu estilo, crearon retratos nos que se camuflaron confondos de cores e estampados rechamantes, mesturándose visualmente co seu contorno, como fai a artista nas súas obras. Para iso, deseñaron usn patróns usando ceras, intentando imitar os tecidos que usa esta artista africana. A actividade non só lles permitiu explorar o uso da cor, o patrón e a identidade, senón que tamén ofreceu unha forma divertida de expresarse e reflexionar sobre como nos vemos a nós mesmos e como queremos que nos vexan os demais.
mércores, 18 de xuño de 2025
XOGO DE ORIENTACIÓN: BUSCANDO ESCULTURAS
XOGO DE ORIENTACIÓN EN EDUCACIÓN FISICA: BUSCANDO CANTANTES E GRUPOS MUSICAIS
luns, 16 de xuño de 2025
Entrega de premios do Concurso da Mascota da biblioteca en familia
luns, 9 de xuño de 2025
Representación da obra "Un amor verdadeiro"
mércores, 4 de xuño de 2025
COÑECENDO A VAN GOGH EN 4º INFANTIL
CREATING SELF-PORTRAITS USING A VARIETY OF MEDIA. (YEAR 4)
CREACIÓN DE AUTORRETRATOS USANDO DIVERSOS MATERIAIS (4ºEP)
As nenas e nenos de 4º de Ed. Primaria quedaron moi impresionados ao descubrir que Luna, a nosa auxiliar de conversa, é unha marabillosa artista que utiliza diversos materiais para crear as súas obras. Entre estes, podemos atopar café, revistas e xornais, etc, para crear resultados incribles.
Por esta razón, o proxecto que será aquí presentado ten un carácter especial porque a rapazada coñecía á artista de primeira man.
O alumnado creou os seus propios autorretratos empregando unha ampla variedade de materiais plásticos e cotiáns. Observando os seus rostros e trazos, cada un creaou unha obra única empregando elementos como arroz, café, fío, pintura, papel rasgado e outros materiais dispoñibles. Esta maneira de abordar permitiulles experimentar con texturas, cores e técnicas mixtas, desenvolvendo a súa creatividade e perspectiva persoal. Máis alá do resultado final, o proceso foi unha oportunidade para expresarse e explorar quen son a través da arte.
CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS
O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...
-
O alumnado de 6º de Educación Infantil elaborou este mural despois da asamblea adicada ça 1ª fase do proxecto, no seu caso sobre a pintura...
-
O alumnado de 3º A trala fase de investigación no campo dos estilos musicais e do mundo das comparsas no Entroido Meco optaron pola música r...
-
O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...
%20(1).jpg)
.jpg)






.jpg)

.jpg)













.jpg)


