martes, 11 de febreiro de 2025
Creando personaxes en 6º Primaria
Grilandas de Acción de Grazas en 5º Primaria
O alumnado de 5º de Ed. Primaria estivo inmerso na confección de grilandas de Acción de Grazas. Para este proxecto, os nenos e nenas traballaron en pequenos equipos e saíron a o patio na procura de elementos naturais como follas e paus. Unha vez na aula, colaboraron no deseño de construción destas decoracións, nas que cada un escribiu algo polo que estaba agradecido de ter, por exemplo, familia, amigos, comida, xogos, etc.
O resultado final deste proxecto reflectiu a creatividade e o esforzo colectivo de cada equipo, mostrando como as ideas individuais se integraban nun proxecto conxunto que celebraba a natureza e o espírito de agradecemento.
PAPIROFLEXIA AO ESTILO MADEMOISELLE MAURICE
luns, 10 de febreiro de 2025
Que sabemos en 3º de Educación Primaria sobre o PDI?
Traballo da 1ª fase de Proxecto do curso de 3º B de Educación Primaria. Preme na imaxe para ver todo o mural que elaboraron os nenos e nenas deste nivel educativo.
venres, 7 de febreiro de 2025
Adornos de Nadal con arxila en 2º Primaria
O alumnado de 2º de Educación Primaria empregou arxila para crear decoración personalizadas para a árbore de Nadal. As nenas e nenos comezaron o proceso deseñando nunha folla a forma que lle querían dar a súa figura así como as cores que lles gustaría empregar para finalizalo e colgalo nas súa árbore. Posteriormente, o alumnado moldeou de forma individual pequenas fituras, como estrelas, bólas, campás ou figuras de elfos. Para finalizar, unha vez que a arxila secou por completo, esta foi pintada con diversas cores metálicas e brillantes para reslatar o espírito festivo.
Elaboración de recipientes en 1º
O alumnado de 1º de Educación Primaria traballou con arxila para crear o seu proio prato de Nadal personalizado con símbolo e detalles festivos. As nenas e nenos comezaron o proceso deseñando nunha folla que forma lles gustaría dar ao seu prato así como as cores e deseños que lles gustaría incluir. Posteriormente, a rapazada modelou o barro, aprendendo técnicas básicas de alisado, moldeado e montaxe para dar forma so seu prato. Finalmente, decoraron o prato con motivos de Nadal como estrelas, árbores de Nadal, campás ou copos de neve.
Preme na imaxe para ver as fotos.
Creación de Stop Motions en 6º Primaria
Tomando como referencia a película de "Pesadelo antes de Nadal" de Tim Burton, o alumnado de 6º de Educación Primaria, foi introducido na técnica desenvolvida neste filme, coñecida como stop motion. A través desta técnica, os alumnos e alumnas traballaron en parellas para dar vida a obxectos creando historias orixinais,sacando varias fotografías con cada movemento das súas figuras. O resultado de todos e de cada un destas escenas, pódese ver no álbum de fotos e vídeos premendo na imaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS
O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...
-
O alumnado de 6º de Educación Infantil elaborou este mural despois da asamblea adicada ça 1ª fase do proxecto, no seu caso sobre a pintura...
-
O alumnado de 3º A trala fase de investigación no campo dos estilos musicais e do mundo das comparsas no Entroido Meco optaron pola música r...
-
O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...







