xoves, 13 de febreiro de 2025

mércores, 12 de febreiro de 2025

Que sabemos e que queremos saber do teatro en 5º Primaria?

 




Mural elaborado polo alumnado de 5º de Ed. Primaria na 1ª fase do proxecto. 
Ao elexir este curso a temática do teatro como disciplina dentro das artes as súas preguntas van enfocadas á arte escénica e o mundo do teatro.



martes, 11 de febreiro de 2025

5º de Ed. Infantil coñece a JOAN MIRÓ

 


O alumnado de 5º de Educación Infantil investiga e coñece a obra do artista Joan Miró nas sesións de informática coa mestra Lara. Preme na imaxe para ver o proxecto completo.

Paisaxes outonais inspirados en Elizabeth St Hilaire

 


A rapazada de 4º de Ed. Primaria desenvolveu un proxecto de outono inspirado no traballo de Elizabeth St Hilaire. Esta artista estadounidense é coñecida por empregar a técnica de collage nas súas composicións, nas que mestura pintura así como recortes de partituras. Nestas obras, a artista representa a natureza, retratos e animais, polo que os nenos e nenas de 4º de Ed. Primaria representaron unha paisaxe outonal, empregando pintura e recortes de xornais.

Creando personaxes en 6º Primaria



No proxecto sobre Joel Moore (Mulga), o alumnado de 6º de Ed. Primaria mergullouse no universo creativo deste artista coñecido polo seu estilo único e colorido. Inspirada no traballo deste artista asutraliano, a rapazada deseñou personaxes orixinais con forma de froita e verduras típicas do outono, explorando formas, expresións e detalles únicos que reflicten a súa imaxinación. Para desenvolver este proxecto, empregaron rotuladores, ceras grosas e cartolinas de cores rechamantes para causar no espectador diversas sensacións.
 

Grilandas de Acción de Grazas en 5º Primaria

 


O alumnado de 5º de Ed. Primaria estivo inmerso na confección de grilandas de Acción de Grazas. Para este proxecto, os nenos e nenas traballaron en pequenos equipos e saíron a o patio na procura de elementos naturais como follas e paus. Unha vez na aula, colaboraron no deseño de construción destas decoracións, nas que cada un escribiu algo polo que estaba agradecido de ter, por exemplo, familia, amigos, comida, xogos, etc. 
O resultado final deste proxecto reflectiu a creatividade e o esforzo colectivo de cada equipo, mostrando como as ideas individuais se integraban nun proxecto conxunto que celebraba a natureza e o espírito de agradecemento.

PAPIROFLEXIA AO ESTILO MADEMOISELLE MAURICE


O alumnado de 4º de Educación Primaria afondaron no traballo de mademoiselle Maurice. Esta artista francesa é coñecida polas súas vibrantes instalacions de arte na rúa e galerías que combinan figuras de papiroflexia con conceptos profundos. As súas obras representan temas relacionados coa fraxilidade da vida, a conexión humana, a natureza e a esperanza. Baseándose nesta técnicas contemporáneas, o alumnado aprendeu a facer corazóns empregando a técnica da papiroflexia e, para conmemorar o Nadal, decidiron combinar estas formas para crear unha árbore conxunta. Preme na imaxe para ver as fotos.

 

CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...