mércores, 2 de xullo de 2025

OBRA DE TEATRO DE 6º A de EDUCACIÓN PRIMARIA : "PETER PAN"

 O alumnado de 6º A escolleu, despois dunha fase de investigación, representar unha obra de teatro sobre as aventuras de Peter Pan no país de Nunca Xamais.

O proceso levado a cabo foi o seguinte:

1. Fase de investigación e elección da obra a representar.

2. Consulta de distintas fontes para refacer o seu propio guión adaptado ao grupo da clase.

3. Casting para o reparto de personaxes.

4. Moitos ensaios.

5. Procura do vestiario e o atrezzo.

6. Creación dos murais para os decorados, na clase de Arts sobre o país de Nunca Xamais e a habitación de Wendy en Londres.

7. Representación da obra para toda a Comunidade Educativa.

Aquí tedes a obra de teatro que representaron na biblioteca a finais de curso en tres quendas, a primeira para as familias, outra para os máis pequenos, Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria e finalmente para os compañeiros e compañeiras de 2º e 3º Ciclo de Educación Primaria.




martes, 1 de xullo de 2025

OBRA DE TEATRO DE 5º ED. PRIMARIA "UN DÍA NO MUSEO"

 Recén saído do forno, a edición da obra de teatro de 5º de Ed. Primaria, que realizaron como tarefa final do PDI SOMOS ARTISTAS e que representaron en 3 quendas na nosa biblioteca na derradeira semana de clases: unha representación para as familias, outra para o alumnado de 1º Ciclo de Ed. Primaria e por último para o 2º e 3º Ciclo de Ed. Primaria. A obra está basada no libro "Un día en el museo" de Mónica Rodríguez. (Editorial SM) dispoñible na nosa biblioteca.




Ademáis do traballo que fixeron o longo de todo o curso sobre o teatro, prepararon unha simpática actuación de baile para o Festi´25.




martes, 24 de xuño de 2025

Keith Haring and his famous silhouettes (Year 1)

 


O alumnado de 1º de Educación Primaria traballou por parellas para crear composicións inspiradas no estilo do artista Keith Haring.
Primeiro, un membro de cada parella deitouse sobre unha gran folla de papel continuo mentres o seu compañeiro ou compañeira debuxaba coidadosamente a súa silueta e viceversa.
Unha vez rematadas as siluetas, seguindo o estilo característico de Keith Haring de contornos negros atrevidos e figuras en movemento.
Finalmente, recortaron as súas creacións para darlles un acabado máis definido. O resultado foi unha colección de obras enérxicas, coloridas e expresivas que decoraron os corredores da escola e transmitiron a alegría e a creatividade do grupo. Este proxecto non só introduciu aos nenos na arte contemporánea, senón que tamén lle permitiu ao alumnado a expresarse a través dos seus corpos e da cor dun xeito lúdico e significativo. Ademais, esta temática axudou ás nenas e nenos a practicar o nome das distintas partes do corpo en inglés.

CREANDO DECORADOS PARA A TAREFA FINAL EN 6ºA

 Despois de investigar sobre o teatro, elaborar un guión adaptado da obra de Peter Pan e moito tempo de ensaios... o alumnado de 6º A realizou os decorados nas sesións de Arts coa profe Leti. 




Pronto publicaremos a tarefa final. Estamos en proceso de edición.


sábado, 21 de xuño de 2025

CAMOUFLAGE ALONGSIDE THANDIWE MURIU

 

Preme a imaxe para ver todos os traballos do alumnado 

O alumnado de 1º de Educación Primaria desenvolveu un pequeno proxecto artístico inspirado na obra de fotografía de camuflaxe da artista Thandiwe Muriu. Inspirándose no seu estilo, crearon retratos nos que se camuflaron confondos de cores e estampados rechamantes, mesturándose visualmente co seu contorno, como fai a artista nas súas obras. Para iso, deseñaron usn patróns usando ceras, intentando imitar os tecidos que usa esta artista africana. A actividade non só lles permitiu explorar o uso da cor, o patrón e a identidade, senón que tamén ofreceu unha forma divertida de expresarse e reflexionar sobre como nos vemos a nós mesmos e como queremos que nos vexan os demais.

 
Obras da fotógrafa Thandiwe Muriu 
 



 

mércores, 18 de xuño de 2025

XOGO DE ORIENTACIÓN: BUSCANDO ESCULTURAS

 


O alumnado de 2º de Educación Primaria realizou unha carreira de orientación no patio en relación coa temática de investigación do proxecto elexida por este grupo: Esculturas de O Grove.
Cada equipo tiña que buscar seguindo as pistas dun mapa, imaxes de esculturas e escribir na folla de rexistro as letras que había pola parte traseira da imaxe e adiviñar a frase oculta al ordenar todas as letras: SOMOS ARTISTAS.

XOGO DE ORIENTACIÓN EN EDUCACIÓN FISICA: BUSCANDO CANTANTES E GRUPOS MUSICAIS

 


Na última semana de clases de Educación Física os nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Primaria realizaron Carreiras de Orientación no patio coa temática que investigaron no Proxecto Somos Artistas. Tiveron que atopar diferentes imaxes de cantantes e grupos musicais que xa elexiran antes na UD de Expresión Corporal cando crearon as súas coreografías de baile. 
Preme na imaxe para ver as fotos da actividade.

CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...