mércores, 6 de novembro de 2024

Fotocol Samaín

 


O alumnado de 4º de Educación Primaria elaborou un fotocol para a celebración do Samaín. Son uns verdadeiros artistas que ademais traballan moi ben en equipo. Preme na imaxe para ver todo o proceso.


martes, 5 de novembro de 2024

CABAZAS SOMOS ARTISTAS

 


Preme na imaxe para ver todas as cabazas que trouxeron os nenos e nenas das súas casas decoradas coa temática do proxecto para a exposición na semana do Samaín.

Grazas ás familias pola súa colaboración. Sodes uns artistas!

XA TEMOS LOGO DO PROXECTO

 






O Claustro de mestres escolleu de entre todos os logos participantes este debuxo da familia de Lucía e Álvaro Oubiña Torres. A elección estivo moi dificil pero escollimos este por representar nun mesmo debuxo diferentes campos do mundo da arte dunha forma creativa e orixinal. 

Noraboa familia!

Todos os logos participantes están exposto na entrada á biblioteca.









xoves, 24 de outubro de 2024

Comezamos novo proxecto


 

Este é o blog onde publicaremos todas as actividades do Proxecto Documental Integrado Somos Artistas que levaremos a cabo no Ceip Valle Inclán de O Grove durante o curso escolar 2024-2025.

Para empezar fixemos a presentación do mesmo nunha xornada de portas abertas ás familias na Semana do Día das bibliotecas, organizando unha xincana con 9 retos relacionados cos diferentes campos do mundo da Arte: literatura (somos poetas), teatro e cine (somos actores), pintura (somos debuxantes), escultura (somos escultores), arquitectura (somos construtores e somos arquitectos), música (somos cantantes)...

Cada familia foi selando o seu carnet de Somos Artistas a medida que superanban cada un dos retos.

En breve publicaremos o logo escollido de entre todos os que se fixeron no reto "Somos debuxantes".

Premendo na imaxe poderás ver as fotos e vídeos desa tarde.

O Equipo de biblioteca creou un documento dixital con algúns dos poemas tan creativos para fixechedes no reto Somos Poetas.



CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...