martes, 3 de decembro de 2024

ARTS EN 1º PRIMARIA

 



Os nenos e nenas de 1º E.P. desenvolveron un proxecto en parellas inspirados en Andy Goldsworthy. Este artista é famoso por utilizar materiais que atopa na natureza, como pedras, follas, ramas, auga ou xeo. O máis característico da súa obra é que non usa pegamento nin pintura, só coloca as cousas con moito coidado para que formen patróns, círculos ou figuras interesantes.
A súa arte é moi particular xa que esta desaparece co vento, a choiva ou o sol para demostrar o fermosa que a natureza é por si mesma.
Como podemos comprobar, o alumnado de 1º fixo composicións fermosas respetando a natureza e deixando voar a súa imaxinación!

Preme na imaxe para ver todas as fotos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CAMOUFLAGE ALONGSIDE THANDIWE MURIU (YEAR 1)

  O alumnado de 1º de Educación Primaria desenvolveu un pequeno proxecto artístico inspirado na obra de fotografía de camuflaxe da artista T...