luns, 31 de marzo de 2025

Hibernation (Year 4)

 

 
A Hibernación (4º Educación Primaria)
 
O alumnado de 4º de Ed. Primaria explorou o incrible proceso que soamente son capaces de levar a cabo certo animais como son os osos, os esquíos, os ourizos, etc. durante o inverno. Xa o acertaches? En efecto, estamos falando da hibernación. A través deste proceso, estes animais escóndense nun lugar cálido, como unha cova ou un niño, e dormen durante uns meses. Mentres descansan, o seu corpo traballa máis lentamente, polo que  non gastan tanta enerxía, porque no inverno é difícil atopar comida.
Viches que técnica máis interesante utilizaron as nenas e nenos para facer as mantas coas que están tapados estes animais? É unha técnica  coñecida como entrelazado e, tal e como o seu nome indica, consiste en unir tiras de papel cruzándoas entre si, como se estiven tecendo ou entrelazando, pero sen necesidade de pegar nin coser. 
 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...