luns, 31 de marzo de 2025

Representing our shadows (Arts Year 1)

 

 

Representando as nosas sombras en 1º de Educación Primaria.

Coa chegada deste novo ano, os días fanse máis longos pero este alongamento dos días faise de rogar. Por esta razón, o alumnado de 1º de Educación  Primaria que bota moito de menos o bo tempo e a ledicia de xogar fora, representouse a si mesmo no exterior.

Como podemos comprobar, a grande estrela, o noso sol, brilla no ceo con forza e proxecta as súas sombras no chan. Queres saber como conseguiron ese efecto? Achégate os debuxos e comproba que non precisas máis dun par de tesoiras, pegamento e facer uns debuxos na beira da folla de papel que escollas.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...