venres, 30 de maio de 2025

CREATING OUR OWN CITIES (YEAR 4)

 


Creando as nosas propias cidades 

Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria desenvolveron un emocionante proxecto creativo en equipo no que construíron as súas propias cidades con materiais reciclados.
Ao longo de varias sesións, empregaron caixas, tapas de botellas e outros artigos reutilizables para crear casas, estradas, edificios e parques. Este traballo permitiulles experimentar con diferentes formas e texturas, desenvolvendo as súas habilidades motoras finas e a súa concienciación sobre a importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente.
Ademais, ao traballar en equipo, a rapazada tivo a oportunidade de compartir as súas propias ideas e escoitar as alleas, así como de tomar decisións en equipo, deixando voar a súa imaxinación para crear cidades cheas de cor, fantasía e orixinalidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CAMOUFLAGE ALONGSIDE THANDIWE MURIU (YEAR 1)

  O alumnado de 1º de Educación Primaria desenvolveu un pequeno proxecto artístico inspirado na obra de fotografía de camuflaxe da artista T...