AUTORRETRATOS CUBISTAS (1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)
As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria crearon autorretratos inspirados no cubismo de Pablo Picasso e no uso de cores vibrantes características da artista británica Koola Adams. A través desta actividade, a rapazada descubriu a descomposición e reorganización das formas, experimentando con múltiples perspectivas e cores expresivas para representar a súa propia imaxe dun xeito orixinal.
Esta experiencia non só lles permitiu explorar dous enfoques artísticos diferentes, senón que tamén fomentou a súa creatividade e capacidade de expresión persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario