CATRO EMOCIÓNS EN POP ART (2º EDUCACIÓN PRIMARIA)
O alumnado de 2º de Ed. Primaria mergullouse no mundo da arte pop a través de Andy Warhol e a súa famosa representación de Marilyn Monroe.
Inspirándose nesta obra, cada neno e nena creou a súa propia versión da imaxe icónica, utilizando a técnica de sgraffito para o soporte das distintas imaxes que sacaron eles mesmos.
Nestas fotografías podemos observar emocións diferentes como son: a alegría, a tristeza, o medo, a sorpresa, o noxo, a envexa, etc. Ao facelo, tamén practicaron e coñeceron o nome destas emocións na lingua extranxeira na que se imparte esta materia. Como se pode observar, o resultado final é unha colección de retratos vibrantes e expresivos, onde a arte, a emoción e a creatividade se unen nunha colorida homenaxe á arte pop.
Preme na imaxe para ver todos os traballos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario