venres, 7 de febreiro de 2025

Creacións escultóricas en 5º Primaria

 


Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria inspiráronse na creación escultórica do artista xaponés Taro Chiezo, coñecida como Superlambanana.
Esta escultura atópase en Liverpool e combina a forma dun carneiro (lamb) e un plátano (banana), posto que este dous elementos eran mercancías habituais no molle desta cidade. Tras un afondamento no traballo de Taro Chiezo e tomando como referencia a Superlambanana, os nenos e nenas deseñaron a súa escultura escollendo un animal e unha froita ou verdura típica do outono. Estes experimentaron con bosquexos preliminares para decidir como integrar as dúas formas de maneira armoniosa e creativa e, posteriormente, empregaron arxila e pintura para crear unha colección de esculturas únicas.
Preme na imaxe para ver a colección.

mércores, 5 de febreiro de 2025

A arte da fotografía en 4º Primaria

 


Fotografíamos os elementos polos que estamos agradecidos. O alumnado de 4º de Educación Primaria desenvolveu un traballo fotográfico no que recolleron algunhas das cousas oplas que está máis agradecido. Este traballo, de carácter individual, desenvolveuse durante tres sesións. Nestas, o alumnado tivo un achegamento ao significado da festividade de Acción de Gracias de orixe estadounidense, planificou os elementos que quería retratar e, posteriormente, desprazouse polo centro educativo e polo patio retratando estes elementos como: a escola, os mestres, comida, libros, coches...

CREANDO ESPAZOS ACOLLEDORES en 3º Primaria

 


Neste proxecto, os nenos e nenas de 3º recrearon unha estancia acolledora pensada para protexerse do frío, utilizando como base unha caixa de zapatos. Co obxectivo de representar un espazo de abrigo cálido, cada neno e nena traballou a decoración interior da súa estancia empregando materiais vairados como o algodón (para simular mantas e almofadas suaves), plastilina (para modelar pequenos obxectos e de decoración), la (para representar alfombras e elementos téxtiles) e incluso macarrón para crear lámpadas! Durante o proceso, o alumnado reflexionou sobre que elementos farían un espazo cómodo e acolledor así como qué xeito poderían transmitir sensación de abrigo e protección a través do seu deseño. Este proxecto non só lles permitiu traballar habilidades manuais e de coordinación, senón tamén conceptos de confort e deseño espacial.

martes, 3 de decembro de 2024

ARTS EN 2º PRIMARIA

 


Os nenos e nenas de 2º E.P. fixeron paisaxes outonais inspirados nalgunhas das obras de Monet.
A través do traballo coas paisaxes de Monet, preténdese fomentar a exploración libre da cor e da textura ao mesmo tempo os nenos e nenas coñecen o impresionismo.
Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de escoller elementos naturais do patio da escola para dar máis realismo ás súas obras.
Desta forma, permitimos que o alumnado experimente con pinceladas grosas e mesturas de cores, distintas sensacións mentres exploran as tonalidades de outono. 

Preme na imaxe para ver todas as fotos.

ARTS EN 1º PRIMARIA

 



Os nenos e nenas de 1º E.P. desenvolveron un proxecto en parellas inspirados en Andy Goldsworthy. Este artista é famoso por utilizar materiais que atopa na natureza, como pedras, follas, ramas, auga ou xeo. O máis característico da súa obra é que non usa pegamento nin pintura, só coloca as cousas con moito coidado para que formen patróns, círculos ou figuras interesantes.
A súa arte é moi particular xa que esta desaparece co vento, a choiva ou o sol para demostrar o fermosa que a natureza é por si mesma.
Como podemos comprobar, o alumnado de 1º fixo composicións fermosas respetando a natureza e deixando voar a súa imaxinación!

Preme na imaxe para ver todas as fotos.

CERTAME DE DEBUXO POLO SAMAÍN 2024

 


Todo o alumnado dende 4º Infantil ata 3º de Ed. Primaria participou no Certame de debuxo proposto polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega polo Samaín. Preme na imaxe para ver algúns dos debuxos expostos nos corredores do colexio.

Actividades artísticas en Educación Infantil

 


Durante a semana do Samaín os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron unha chea de actividades artísticas. Preme na imaxe para ver os resultados.

CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...