martes, 27 de maio de 2025

INVESTIGANDO A PICASSO EN 6º Ed. INFANTIL

 


Alumnado de 6º de Educación Infantil investigaron ao pintor Picasso coa mestra Lara para facer finalmente as súas pequenas obras. Preme na imaxe para ver todo o proceso de investigación e creación.

luns, 19 de maio de 2025

CANTAR, TOCAR E BAILAR POLAS LETRAS GALEGAS

 Celebramos as Letras Galegas cantando e tocando con Dunia, unha nai do noso centro que é pandereteira, do grupo Cinco en Zocas de O Grove. Foron unhas sesións moi divertidas onde todo o cole dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria, en varias quendas, poideron tocar algúns dos instrumentos que se poden facer con cousas que temos na casa: as culleres, as cunchas, a tixola, as latas, o sacho... e por último os instrumentos tradicionais como o pandeiro e as pandeiretas.

Prema na imaxe para ver a galería de fotos.



ALL ABOUT TEN ARTISTS (YEAR 6A- YEAR 6B)

 TODO SOBRE 10 ARTISTAS (6ºA e 6ºB de Ed. Primaria)

Tras facer unha simple pregunta nas clases de 6º de Ed. Primaria : O noso proxecto naceu dun xeito moi natural.

Que artistas coñeces? As respostas non se fixeron esperar.

Leonardo da Vinci, Frida Kahlo, Pablo Picasso, Vincest Van Gogh, Joel Moore (Mulga), Munch, Tony Ross, Jordi Solano, Pablo Ozores, Harold e Bob Ross.

Notades algo? Correcto! Cando nos preguntan por artistas pensamos maioritariamente en artistas masculinos e non en artistas femininos. Por esa razón, aínda queda moito camiño por percorrer cara á igualdade.

Por que sucede isto?

Durante moito tempo, ás mulleres non se lles permitiu facer moitas cousas que poden facer hoxe. En arte, por exemplo, non podían asistir ás mesmas escolas que os homes, nin expoñer as súas obras nos museos máis importantes. Moitas veces, se pintaban ou facían esculturas, e non recibían o mesmo recoñecemento, e algunhas tiveron que asinar as súas obras con nome de home para ser aceptadas.

Agora as cousas están cambiando e cada vez son máis as mulleres que teñen cabida  no mundo da arte. Non obstante, é importante coñecelas e homenaxear o seu traballo para que non sexan esquecidas.

Por este razón, porque en todos e todas nós habita o cambio, os dous grupos de 6º de Ed. primaria dividíronse en grupos de tres persoas e investigaron a cinco artistas femininos e cinco artistas masculinos para descubrir a súa fascinante obra. Finalmente foron ao noso estudio de RADIO V.I. e fixeron un programa de entrevistas nas que uns facían de entrevistadores e outros representaron o papel dos artistas coa información seleccionado do traballo.

Podedes escoitar todas as entrevistas no English Programe:



Preme na imaxe para ver as fotos do proceso de elaboración e os traballos realizados.






CUBIST SELF PORTRAITS (YEAR 1)

 AUTORRETRATOS CUBISTAS (1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)



As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria crearon autorretratos inspirados no cubismo de Pablo Picasso e no uso de cores vibrantes características da artista británica Koola Adams.  A través desta actividade, a rapazada descubriu a descomposición e reorganización das formas, experimentando con múltiples perspectivas e cores expresivas para representar a súa propia imaxe dun xeito orixinal.
Esta experiencia non só lles permitiu explorar dous enfoques artísticos diferentes, senón que tamén fomentou a súa creatividade e capacidade de expresión persoal.


Kamishibais do Club de lectura

 


Para celebrar o Día internacinal do libro infantil e xuvenil, as chicas do Club de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria crearon varios kamishibais de libros que escolleron da biblioteca para representar os contos a todo o alumnado de Ed. Infantil.

Día das Artes Galegas

 


Para celebrar o Día das Artes Galegas os Equipos de Biblioteca e TICS do noso centro organizamos un concurso de deseño da mascota que será a escollida entre os traballos presentados polas familias participantes. Pronto desvelaremos os finalistas e a obra artística gañadora que representará á nosa biblioteca os vindeiros anos. Preme na imaxe para ver as mascotas feitas polas familias e os seus autores/as.

ACTIVIDADES POLO 8 M DÍA DA MULLER

 INVESTIGANDO A MULLERES ARTISTAS GALEGAS

O Equipo de biblioteca preparou unha exposición de mulleres artistas na biblioteca a que todos os cursos puideron visitar durante todo o mes de Marzo. Trátase de 9 mulleres galegas coñecidas en diferentes disciplinas artísticas: as pintoras Maruja Mallo e Rosa Guisán; a escultora Soledad Peralta; a ilustradora de contos Blanca Millán, a arquitecta Milagros Rey, a actriz María Casares, artistas musicais como Guadi Galego ou as Tanxugueiras, e por suposto a nosa poeta Rosalía de Castro. 

Nesta exposición os nenos e nenas poden ler a información a carón de cada fotografía da artista e escanear coas tablets da biblio os códigos QR para ver as súas obras.



Por outra banda, na zona de Educación Infantil e na zona interclases de 1º ciclo fixerónse actividades sobre a artista xaponesa Yayoi Kusama. Na zona de Educación Infantil decoraron con pegatinas de cor violeta e escanearon códigos QR para ver as obras desta artista. Na zona de 1º ciclo a mestra de ARTS iniciou a decoración co alumnado de 1º ciclo para invitar a continuación ao resto do cole a participar.





CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...