luns, 31 de marzo de 2025
Hibernation (Year 4)
All united with Joan Miró (Year 3)
Todos unidos con Joan Miró (3º de Educación Primaria)
As clases de 3ºA e 3º B uníronse para crear un fermoso mural colaborativo inspirado nas formas xeométricas e o estilo único do artista Joan Miró. Cada alumno deseñou formas coloridas e creativas, utilizando liñas, círculos, triángulos e outras figuras xeométricas características da arte de Miró. Estas pezas individuais combináronse nun traballo colectivo que reflicte a imaxinación e o traballo en equipo de todos os participantes. O resultado é un mural vibrante e cheo de vida que celebra a arte e a colaboración na nosa escola.
If snow came in colours (Year 2)
Se a neve fose de cores (2º de Educación Primaria)
Para darlle a benvida ao inverno e para engadir máis cores a esta estación do ano, o alumnado de 2º deseñou estes coloridos bonecos de neve.
Como se pode apreciar, non son bonecos de neve ordinarios, senón que están representados en diversas cores. Mentres traballamos no seu deseño, a rapazada de 2º repasou as formas xeométricas así como as cores en inglés.
Ademais, estes alegres personaxes expresan as cousas que lles gustan e que non lles gustan. Bótalle un ollo que igual tes máis en común cos bonecos de neve do que pensas!
Representing our shadows (Arts Year 1)
Representando as nosas sombras en 1º de Educación Primaria.
Coa chegada deste novo ano, os días fanse máis longos pero este alongamento dos días faise de rogar. Por esta razón, o alumnado de 1º de Educación Primaria que bota moito de menos o bo tempo e a ledicia de xogar fora, representouse a si mesmo no exterior.
Como podemos comprobar, a grande estrela, o noso sol, brilla no ceo con forza e proxecta as súas sombras no chan. Queres saber como conseguiron ese efecto? Achégate os debuxos e comproba que non precisas máis dun par de tesoiras, pegamento e facer uns debuxos na beira da folla de papel que escollas.
luns, 17 de marzo de 2025
XOGO DE ORIENTACIÓN: BUSCANDO ESCULTURAS
O alumnado de 2º de Educación Primaria realizou unha carreira de orientación no patio en relación coa temática de investigación do proxect...

-
O Claustro de mestres escolleu de entre todos os logos participantes este debuxo da familia de Lucía e Álvaro Oubiña Torres. A elección es...
-
Os nenos e nenas de 2º E.P. fixeron paisaxes outonais inspirados nalgunhas das obras de Monet. A través do traballo coas paisaxes de Monet...
-
Este é o blog onde publicaremos todas as actividades do Proxecto Documental Integrado Somos Artistas que levaremos a cabo no Ceip Valle I...