mércores, 2 de abril de 2025

Our fears based on the scream of munch (Year 5)

 


Os nosos medos baseados no grito de Munch (5º Ed. Primaria)

Edvard Munch pintou "O grito" para expresar angustia, medo e soidade, sentimentos que todos podemos experimentar nalgún momento. Por esta razón, a súa arte encádrase no movemento do expresionismo, xa que as súas personaxes expresan as súas emocións de forma moi clara.

Inspirado no seu traballo, o alumnado de 5º de Ed. Primaria creou a súa propia versión desta famosa obra representando os medos que cada un sente.
A través desta actividade, a rapazada explorou como a arte nos axuda a expresar emocións, a reflexionar sobre os nosos sentimentos e a compartilos cos demais. Porque a arte non só se observa, tamén se sente!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...