A nosa propia instalación inspirada na obra da artista Yayoi Kusama
Os nenos e nenas do 1º Ciclo de Ed. Primaria estiveron inmersos na creación dunha instalación artísitica inspirada en Yayoi Kusama e seu uso distintivo dos puntos.
A través desta experiencia colectiva (á que tamén contribuíron outros cursos como os de Educación Infantil e outros de Primaria) a rapazada transformou radicalmente un espazo do centro educativo.
Foron cubrindo aos poucos as superficies con adhesivos de cores e con pintura, explorando deste xeito a arte como proceso de acumulación e transformación.
Esta actividade non só lles permitiu coñecer a esta artista xaponesa, senón que tamén lles deu a oportunidade de expresar a súa creatividade e de reflexionar sobre como a cor e a repetición poden cambiar a percepción do noso entorno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario