Picasso pola paz (1º Educación Primaria)
Os nenos e nenas de 1º tiveron a oportunidade de explorar unha obra do artista español Pablo Picasso que non é tan coñecida como as súas representacións cubistas.
Picasso creaou a primeira versión da súa famosa pomba en 1949, encargo realizado para o Congreso Muncial da Paz celebrado en París. A imaxe, un sinxelo pero elegante debuxo dunha pomba branca, utilizouse como cartel oficial do evento e converteuse nun símbolo universal de paz.
Como podemos observar, a rapazada deseñou a súa propia pomba co seu propio estilo e mestruando materiais como rotuladores e pintura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario