martes, 1 de abril de 2025

Together is better inspired by Niki de Saint Phalle (Year 6)

 


Xuntas e xuntos é mellor. Inspirado en Niki de Saint Phalle (6º Ed. Primaria)

 Como se pode apreciar, a rapazada de 6º de Ed. Primaria inspirouse nas icónicas Nanas de Niki de Saint Phalle. Con formas voluminosas, cores brillantes e moita creatividade, as esculturas orixinais de Saint Phalle celebran a alegría, a diversidade e a arte.

Nesta ocasión, os nenos e nenas non crearon pezas escultóricas senón que realizaron unha representación colaborativa na que se celebra a unión de elementos que historicamente atopamos afrontados, como poden ser a auga e o aceite, marcas moi coñecidas como Pepsi e Coca-cola...

Cada parella aporta o seu toque persoal, decorando a súa Nana con patrón, texturas e detalles únicos. Esta experiencia non só fomenta o traballo en equipo, senón tamén unha conexión co estilo vibrante e simbólico desta gran artista.

 




 



 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...