venres, 11 de abril de 2025

Spring is here! (Year 2)

 

A rapazada de 2º de Educación Primaria creou por equipos unha representación dun bosque para celebrar a chegada da primavera utilizando paus, follas, barro, la así como outros elementos plásticos que lle deron a estas esculturas un toque particular. A través do traballo en equipo, a rapazada tivo a oportunidade de compartir ideas e materiais, colaborar para resovler problemas e a coordinar esforzos para acadar un obxectivo común.

Algúns nenos e nenas incluso decidiron representar pequenos furos na arxila para simular os buracos que crean os animais no solo como as toupeiras e abellas . Podes atopalos?

Preme na imaxe para ver todas as obras artísticas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...