O alumnado de 2º, 3º e 6º de Educación Primaria sumexéronse de cheo en tres proxectos creativos que combinou a música tradicional galega, a expresión visual e a fotografía.
Inspirada nas Letras Galegas deste ano 2025 (nas cantareiras) a rapazada creou diversas creacións.
O curso de 2º de EP elaborou unha colaxe colaborativa traballando en grupos reducidos no que pegou diversos cachiños de papel nunha fotografía das cantareiras para darlles textura e expresión.
O cursos de 3º de EP deseñou colaxes de xeito individual nos que integrou imaxes que lles charaon a atención combinada coas destas mulleres que preservaron a nosa lingua e cultura.
Os grupos de 6º de EP, desenvolveron a técnica de bordado de fotografía, na que grazas ao uso de fíos de cores sobre fotografías en branco e negro, conseguiron crear unha ponte entre o pasado das cantareiras e o presente.
Estas diversas técnicas manuais favorecen que as nenas e nenos desenvolvan a súa paciencia, precisión e creatividade, transformando cada obra nunha peza única no que se establece unha unión entre o noso pasado e o noso presente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario