Nesta actividade, o alumnado de 2º de Educación Primaria explorou o mundo fantástico de María Prymachenko, unha artista ucraína coñecida polas súas criaturas imaxinarias cheas de cor e detalles decorativos.
Despois de observar algunhas das súas obras, a rapazada desenvolveu un xogo no que mesturaron diversos seres para facer as súas creacións. Isto axudounos a repasar vocabulario de ditas criaturas en inglés así como a imaxinar e debuxar os seus propios animais fantásticos, combinando os seus favoritos, como un crocodilo con cola de tigre e corpo de elefantes.
A través desta actividade, os estudantes desenvolveron a creatividade, a expresión artística e unha conexión coa arte popular ucraína. Cada creación é única, con cores vivas, patróns decorativos e formas sorprendentes que reflicten tanto a imaxinación do neno como a inspiración do estilo inconfundible de María Prymachenko.
Ningún comentario:
Publicar un comentario