venres, 30 de maio de 2025

SOMOS YAYOI KUSAMA EN 5º DE ED. INFANTIL

 


Outra das artistas investigadas en 5º de Educación Infantil foi Yayoi Kusama.
Preme na imaxe para ver todas actividades que fixeron en torno a esta artista.

CREATING OUR OWN CITIES (YEAR 4)

 


Creando as nosas propias cidades 

Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria desenvolveron un emocionante proxecto creativo en equipo no que construíron as súas propias cidades con materiais reciclados.
Ao longo de varias sesións, empregaron caixas, tapas de botellas e outros artigos reutilizables para crear casas, estradas, edificios e parques. Este traballo permitiulles experimentar con diferentes formas e texturas, desenvolvendo as súas habilidades motoras finas e a súa concienciación sobre a importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente.
Ademais, ao traballar en equipo, a rapazada tivo a oportunidade de compartir as súas propias ideas e escoitar as alleas, así como de tomar decisións en equipo, deixando voar a súa imaxinación para crear cidades cheas de cor, fantasía e orixinalidade.

xoves, 29 de maio de 2025

SOMOS MATISSE


Outro dos moitos pintores que investigaron os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil foi o pintor Henri Matisse. Preme na imaxe para ver todo o proceso de investigación e de creación.

 

ALL ABOUT LETRAS GALEGAS AND CANTAREIRAS (YEAR 2, 3 e 6)

 





O alumnado de 2º, 3º e 6º de Educación Primaria sumexéronse  de cheo en tres proxectos creativos que combinou a música tradicional galega, a expresión visual e a fotografía.
Inspirada nas Letras Galegas deste ano 2025 (nas cantareiras) a rapazada creou diversas creacións.
O curso de 2º de EP elaborou unha colaxe colaborativa traballando en grupos reducidos no que pegou diversos cachiños de papel nunha fotografía das cantareiras para darlles textura e expresión.
O cursos de 3º de EP deseñou colaxes de xeito individual nos que integrou imaxes que lles charaon a atención combinada coas destas mulleres que preservaron a nosa lingua e cultura.
Os grupos de 6º de EP, desenvolveron a técnica de  bordado de fotografía, na que grazas ao uso de fíos de cores sobre fotografías en branco e negro, conseguiron crear unha ponte entre o pasado das cantareiras e o presente.
Estas diversas técnicas manuais favorecen que as nenas e nenos desenvolvan a súa paciencia, precisión e creatividade, transformando cada obra nunha peza única no que se establece unha unión entre o noso pasado e o noso presente.


MARÍA PRYMACHENKO YEAR 2

 


Nesta actividade, o alumnado de 2º de Educación Primaria explorou o mundo fantástico de María Prymachenko, unha artista ucraína coñecida polas súas criaturas imaxinarias cheas de cor e detalles decorativos.
Despois de observar algunhas das súas obras, a rapazada desenvolveu un xogo no que mesturaron diversos seres para facer as súas creacións. Isto axudounos a repasar vocabulario de ditas criaturas en inglés así como a imaxinar e debuxar os seus propios animais fantásticos, combinando os seus favoritos, como un crocodilo con cola de tigre e corpo de elefantes.
A través desta actividade, os estudantes desenvolveron a creatividade, a expresión artística e unha conexión coa arte popular ucraína. Cada creación é única, con cores vivas, patróns decorativos e formas sorprendentes que reflicten tanto a imaxinación do neno como a inspiración do estilo inconfundible de María Prymachenko.

mércores, 28 de maio de 2025

ENSAIOS DAS OBRAS DE TEATRO DO 3º CICLO

 


O alumnado de 3º Ciclo xa está realizando os últimos ensaios das súas obras de teatro. Durante todo o curso a súa investigación dentro do Proxecto Somos Artistas xirou arredor do mundo do teatro e como tarefa final decidiron representar cada grupo unha obra para todo o cole e para as familias. Aquí deixamos imaxes dos últimos ensaios no escenario da nosa biblioteca.

martes, 27 de maio de 2025

DESCUBRINDO A PINTURA A PARTIRES DUN CONTO


O alumnado de 5º de Ed. Primaria coñeceu a moitos pintores e pintoras ó longo do curso e empregaron os contos para presentar as diferentes actividades do proxecto. Neste caso, comezaron coa lectura do conto "Max, el artista" e con el aprenderon moitos valores e crearon as súas primeiras obras artísticas. Preme na imaxe para ver todo o proceso.
 

CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS

 O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...