mércores, 2 de abril de 2025
Our own instalation inspired by Yayoi Kusama (Infantil e Primaria)
Our fears based on the scream of munch (Year 5)
Our Mona Lisa (Year 4)
Quérote máis (Year 2)
Picasso for peace (Year 1)
Picasso pola paz (1º Educación Primaria)
Os nenos e nenas de 1º tiveron a oportunidade de explorar unha obra do artista español Pablo Picasso que non é tan coñecida como as súas representacións cubistas.
Picasso creaou a primeira versión da súa famosa pomba en 1949, encargo realizado para o Congreso Muncial da Paz celebrado en París. A imaxe, un sinxelo pero elegante debuxo dunha pomba branca, utilizouse como cartel oficial do evento e converteuse nun símbolo universal de paz.
Como podemos observar, a rapazada deseñou a súa propia pomba co seu propio estilo e mestruando materiais como rotuladores e pintura.
martes, 1 de abril de 2025
Together is better inspired by Niki de Saint Phalle (Year 6)
Xuntas e xuntos é mellor. Inspirado en Niki de Saint Phalle (6º Ed. Primaria)
Como se pode apreciar, a rapazada de 6º de Ed. Primaria inspirouse nas icónicas Nanas de Niki de Saint Phalle. Con formas voluminosas, cores brillantes e moita creatividade, as esculturas orixinais de Saint Phalle celebran a alegría, a diversidade e a arte.
Nesta ocasión, os nenos e nenas non crearon pezas escultóricas senón que realizaron unha representación colaborativa na que se celebra a unión de elementos que historicamente atopamos afrontados, como poden ser a auga e o aceite, marcas moi coñecidas como Pepsi e Coca-cola...
Cada parella aporta o seu toque persoal, decorando a súa Nana con patrón, texturas e detalles únicos. Esta experiencia non só fomenta o traballo en equipo, senón tamén unha conexión co estilo vibrante e simbólico desta gran artista.
Northern Lights (Year 5)
As Auroras Boreais (5º Educación Primaria)
O alumnado de 5º de Ed. Primaria adentrouse no fascinante mundo das auroras boreais. A través desta viaxe, os nenos e nenas tamén coñeceron animais que viven en países onde se pode observar este fenómeno, como morsas, raposos árticos e belugas, entre outros.
Cada membro da clase creou a súa propia representación artística das auroras boreais, combinando cores vibrantes empregando xices de cores. Ademais, investigaron datos interesantes sobre este animais, como que o que o oso polar ten a pel negra baixo a súa pelaxe para absorver mellor a calor que recibe a través dos raios do sol!
CHAVEIROS CO LOGO PARA TODOS E TODAS
O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...
-
O alumnado de 6º de Educación Infantil elaborou este mural despois da asamblea adicada ça 1ª fase do proxecto, no seu caso sobre a pintura...
-
O alumnado de 3º A trala fase de investigación no campo dos estilos musicais e do mundo das comparsas no Entroido Meco optaron pola música r...
-
O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria do Equipo de Biblioteca Creativa fixo uns chaveiros con forma de cadro coa impresora 3D, ...


























